ANIVERSARIOs EN ILLAMENTO

Estes días algúns dos alumnos e alumnas están de aniversario. Pero estar encerrados na casa non quere dicir que non se poida desfrutar igual.

O 1 de abril Iago Ortez estivo de aniversario. Cóntanos que estaba un pouco tristeiro... botaba de menos aos seus amigos e a súa familia. Sen embargo ao final pasou un día moi especial xunto coa súa familia: decoraron a casa con globos, disfrazáronse, sopraron as velas... Pero o mellor de todo e que ademais recibiu unha GRAAAN sorpresa... os bombeiros e protección civil foron ata a súa casa, puxeron as sirenas e cantáronlle aniversario feliz! 

Seguro que nunca esquecerá este día! 



Outro compi que tamén estivo de aniversario foi Martín, que tamén o celebrou de forma moi especial na súa casa coa súa familia. Soprando as velas dunha tarta cunha pinta MOOOOOOOOI apetitosa!



Feliz aniversario Iago e Martín!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VISITA AO AEROPORTO