Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Entroido

Imaxe
Como ben sabedes, este ano, o proxecto da nosa biblioteca xira arredor dos seres mitolóxicos.  Así é que o alumnado de 4º nivel celebrou o entroido disfrazado de URCO, unha figura mitolóxica galega que adopta a forma dun can negro de grande tamaño, con cornos, orellas longas e arrastrando cadeas que sae ouveando do mar pola noite. Foi o propio alumnado o que realizou o seu disfraz e así de ben lles quedou. E estes son os alumnos de terceiro que se disfrazou de  Gatipedro!!!!

Terra

Xa está aquí o vídeo do baile de Terra que o alumnado de 3º e 4º preparou para conmemorar o día da Paz. Felicitacións a todas as nenas e nenas por este fantástico traballo e un especial agradecemento á profe Inés e á profe Paula como creadoras deste proxecto.