Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

BO VERÁN

Imaxe
Despois dun duro ano de traballo só nos queda despedirnos ata o próximo curso e desexarvos a todas e a todos de todo o profesorado e alumnado de 3º e 4º: Vémonos o próximo curso!!!!

DÍA DE CONVIVENCIA

Imaxe
Remata o curso e este ano tivemos un día de convivencia xenial. Grazas á ANPA por esta iniciativa. Os nenos de nenas de 3º e 4º pasámolo xenial nos inchables e bailamos e cantamos moitísimo na discoteca. Foi un día fantástico!

As saídas didácticas de terceiro e cuarto

Imaxe
O venres 17 de xuño, os alumnos de terceiro realizamos a nosa excursión de fin de curso. Nesta ocasión, estivemos mariscando en Cambados, onde aprendemos moito sobre os mariscos que comemos e despois de recargar forzas  fixemos unha viaxe en catamarán  e visitamos unha batea, onde nos explicaron as diferencias entre unhas e outras e as funcións que teñen. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa aventura!!!! Foi un día xenial!!!! O alumnado de 4º tamén disfrutamos do noso día de convivencia no que fomos ao cine e á praia. Foi un día xenial.

As Letras Galegas 2022 no 2º Ciclo

Imaxe
Os alumnos do segundo ciclo, ao longo do mes de maio, celebramos as Letras Galegas con distintas actividades: Unha xincana sobre Florencio M. Delgado Gurriarán. Unidades didácticas sobre o autor homenaxeado neste ano 2022. Os de terceiro fixemos una representación de como realizar a sementeira: hai que sementar, plantar deixar medrar, coidar, esfollar,  debullar, moer e degustar, así que uns tivemos que ir de agricultores, outros de millo, de espantallos e  cociñeiros. Pasámolo xenial!!!! E tamén asistimos a unha actuación do grupo teatral e musical de Migallas, coa que gozamos das súas cancións e as súas interpretacións.