Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

Árbore xenealóxica

Ainara de 4º D nos presenta un traballo que fixo na súa casa, a árbore xenealóxica da súa familia. Quedou impresionante. Moitas grazas Ainara!

Historia con títulos de libros

Fantástica historia con títulos de libros que nos envía Gael de 4º C. Grazas Gael!

DJ Xavi

Xavi de 4ºB está aproveitando este confinamento para mellorar na súa faceta como DJ. Grazas Xavi!

Telediario

Imaxe
Lisbeth Gutián de 4º C envíanos este telexornal tan persoal. Gracias Lisbeth

4º A - Resistiré

Daniela, Iker, Carla G, Antía, Manu, Brais, Diego, Noa, Aitana, Zoe e Mario de 4º A non só se adican a facer exercicios nestes días.  Están feitos uns artistas.  Fixádevos que vídeo tan bonito montaron. Que ganas de vernos en persoa para poder facer estas cousas tan chulas todos xuntos... Noraboa polo fantástico traballo rapazas e rapaces e moitas grazas por compartilo con todos nós.

ABRIL, MES DO LIBRO

Imaxe
Dende a biblioteca do CEP Altamira envíanos este reto tan interesante para celebrar o mes do libro. Animádevos a participar!!! Enviade as vosas fotos ao correo de cada unha das vosas titoras se sodes de 4º ou ao correo mestrasterceiro@gmail.com se sodes de 3º e estade atentos ao blog da biblioteca a ver se vos vedes.

E ti, en que pasas o tempo?

Martina de 4º B e o seu irmán Raúl de 1º B envíannos este resume fotográfico das actividades que están a facer na súa casa nestas semanas. A verdade é que vendo as fotos, non teñen moito tempo para o aburrimento. Que ben o pasan!!! Moitas grazas Raúl. Moitas grazas Martina.

Manualidades e ánimos en inglés

Imaxe
Guillermo de 4º B ensínanos hoxe esta manualidade tan futbolística que fixo e envíanos moitos ánimos en inglés. A ver se entendedes o que di??? Si, non??? Moitas gracias Guille. See you soon.

Reto musical

Imaxe
Irene de 4º B quere lanzarvos hoxe un reto musical. Mirade o vídeo e animádevos a intentalo.  Moitas gracias Irene.

Tarde de tortitas

Imaxe
Que xa acabastes toda a tarefa e non sabedes que facer? Non hai lugar para o aburrimento. Facede coma Carla Estévez de 4º A e metede as mans na masa!!! Mirade que tortitas máis apetitosas fixo. Teñen moi boa pinta Carla. Graciñas por compartilas con nós.

Sen tempo de aburrirse

Imaxe
Carla Estévez de 4º A non parou en todo este tempo e fixo un montón de manualidades. Pintura de camisetas, maquillaxe, ovos de Pascua... Mirade que ben lle quedaron. E Rober de 4º B tamén nos envía esta manualidade tan chula. Gaciñas Rober e Carla!!! Noraboa polo traballo.

Planta que te planta...

Imaxe
Estás aburrido de ver a tele? Xa te cansasches de xogar sempre as mesmas cousas? Repites continuamente a palabra "abúrrome"? Temos a solución!  Busca actividades que non fixeras nunca, que te chamen a atención e esperten a túa curiosidade. Isto é o que está a facer a vosa compi Itziar de 3ºE. Como vedes está creando a súa propia horta! Unha idea marabillosa Itizar! E vós? Que novos pasatempos estades a descubrir estes días? Necesitamos ideas!

Gaiteiriño

Hoxe Sergio Coto de 4º B quixo agasallarnos a todos con esta fermosa peza que nos toca coa frauta. E segunda parte do concerto, con gaita. Moitas grazas Sergio!

Remataron as vacacións

E xa están aquí novos titoriais que nos enviades coma este de Adrián de 4º B no que nos explica como fixo a súa manualidade. Moitas grazas Adrián. Bo traballo!

Seguides traballando

Imaxe
Ainara, Sabela, Noemí, Manu, Yaiza, Carolina, Rober, Irene e Ainara de 4º D e B crearon este divertido vídeo. Non o perdades. Ademáis, Irene e Sabela tamén nos enviaron fotografía desta manualidade tan bonita que fixeron. E Antía Estévez de 4º C tamén nos envía este debuxo tan chulo.  Graciñas rapazas e rapaces!!!

Manualidades ao poder

Imaxe
Fixádevos que manualidade tan chula fixeron Xavi e Valeria Vázquez de 4ºB e 3ºB. Noraboa a estes dous irmáns por este fantástico traballo. Gracias Valeria e Xavi por compartilo con todos nós!!

Novo titorial

Imaxe
Sergio Lemos de 4º B ofrécenos hoxe este vídeo titorial para facer un avión con pezas de Lego. Pinchade nel e animádevos a facelo. Moitas gracias Sergio! E por suposto, animádevos a facer os vosos propios.

ANIVERSARIOs EN ILLAMENTO

Imaxe
Estes días algúns dos alumnos e alumnas están de aniversario. Pero estar encerrados na casa non quere dicir que non se poida desfrutar igual. O 1 de abril Iago Ortez estivo de aniversario.  Cóntanos que estaba un pouco tristeiro... botaba de menos aos seus amigos e a súa familia. Sen embargo ao final pasou un día moi especial xunto coa súa familia: decoraron a casa con globos, disfrazáronse, sopraron as velas... Pero o mellor de todo e que ademais recibiu unha GRAAAN sorpresa... os bombeiros e protección civil foron ata a súa casa, puxeron as sirenas e cantáronlle aniversario feliz!  Seguro que nunca esquecerá este día!  Outro compi que tamén estivo de aniversario foi Martín , que tamén o celebrou de forma moi especial na súa casa coa súa familia. Soprando as velas dunha tarta cunha pinta MOOOOOOOOI apetitosa! Feliz aniversario Iago e Martín!!!

CARTAS PARA COMBATIR O ILLAMENTO

Imaxe
Os residentes do Hospital Álvaro Cunqueiro puxeron en marcha esta fermosa iniciativa que hoxe vos facemos chegar. Consiste en escribir cartas de ánimo a todos eses doentes que teñen que estar illados polo COVID19. O obxectivo é facerlles chegar o apoio e a forza precisa para sair adiante, ademais de acompañalos nun ingreso que se volve longo e cheo de incertidume posto que non poden recibir visitas. Se vos apetece participar nesta rede de correspondencia só tedes que escribir unha breve introdución presentándovos para que o paciente saiba quen se dirixe a eles e mandar a vosa carta á dirección apoyocovidvigo@gmail.com

Titorial e concerto

Non se vos ocorre que manualidade podedes facer nestes días? Pinchade no seguinte vídeo que nos preparou Marina Gude de 4º B e poñédevos mans á obra. É toda unha profesional dos titoriais. Moitas grazas Marina!! Que preferides escoitar algo de música?  Entón tedes que escoitar a Adrián Lage de 4ºB que nos fai esta fantástica interpretación do noso himno. Moitas grazas Adrián!! Ou a Leire Lago de 3º B que nos fai esta fermosa interpretación de oboe. Moitas grazas Leire!!

Animando os compañeiros/as a quedarse na casa!

Imaxe
Hoxe o voso compañeiro Xavi de 3º E quere mandarnos unha mensaxe moi especial... Como podedes ver Xavier é moi consciente da importancia de que todos quedemos na casa. Por iso, coa axuda da súa familia, tamén fixo unha graaaaan pancarta! "ESTE VIRUS LO PARAMOS UNIDOS" Moitas gracias Xavi por facernos chegar este vídeo e a túa manualidade. Eres un campión!