Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

Os nenos de 4º cantamos "Un Nadal distinto"

Imaxe
Este ano vamos a vivir un Nadal distinto, en familia. Un Nadal onde vamos a compartir grandes momentos cos que máis queremos e que mellor forma de facelo que coa canción "Un Nadal distinto". Os nenos e nenas de 4º preparamos esta canción con todo o noso cariño. Esperamos que vos guste. 

Actuación de Nadal de 3º

Samaín 4º

Imaxe
Os nenos e nenas de cuarto celebramos o pasado venres o samaín. Disfrazámonos de bruxas, cabazas, esqueletos, mortos viventes, monstros... Dabamos bastante medo e pasámolo moi ben. Disfrutade deste vídeo. Para velo, clicade en ler máis.

Magosto e Samaín 3º

Viñemos disfrazadas e disfrazados, comemos castañas, xogamos, fixemos manualidades... Quen dixo que co coronavirus non ía haber festas???

Exposición de manualidades do outono.

Chegou o tempo dos ourizos, das landras e das follas secas.... estamos en outono e iso quere dicir que no Altamira cheira a castañas asadas e a celebración de Samaín. Este ano tivo que ser un pouco diferente pero non iamos deixar de celebralo e disfrutalo.  Os rapaces e rapazas de 3º esmeráronse moitísimo participando na exposición de manualidades feitas con froitos do outono. Deixámosvos aquí unha mostra das preciosidades que fixeron. Noraboa a todas e todos polo voso traballo e moitas gracias ás familias pola colaboración. Quedou unha exposición ben xeitosa!!!

PACO PAPÁN

Imaxe
O alumnado do 4º nivel do curso pasado comezou a facer un proxecto moi interesante que consistía en  facer unha curtametraxe coa técnica de "Stop Motion".  A pandemia non deixou que puidesen rematalo, pero aquí vos deixamos unha pequena mostra do que se puido facer. Para todos eses nenos e nenas que agora están en 5º e participaron na elaboración deste proxecto: noraboa polo traballo rapaces e rapazas! O RESULTADO: FACENDO OS STORY BOARD: ASÍ QUEDARON: AS PERSONAXES:                                                                                                                              0 PRAPARANDO OS ESCENARIOS:                                                             O PROTAGONISTA EN ESCEA: