Exposición de manualidades do outono.

Chegou o tempo dos ourizos, das landras e das follas secas.... estamos en outono e iso quere dicir que no Altamira cheira a castañas asadas e a celebración de Samaín.

Este ano tivo que ser un pouco diferente pero non iamos deixar de celebralo e disfrutalo. 

Os rapaces e rapazas de 3º esmeráronse moitísimo participando na exposición de manualidades feitas con froitos do outono.

Deixámosvos aquí unha mostra das preciosidades que fixeron. Noraboa a todas e todos polo voso traballo e moitas gracias ás familias pola colaboración.

Quedou unha exposición ben xeitosa!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VISITA AO AEROPORTO