Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

Apetécevos repasar inglés?

Imaxe
Hoxe podedes facelo con Sabela e Irene Núñez, de 4º D e  4ºB. Poñede o vídeo e bailade e cantade seguindo ás vosas mestras de hoxe. Moitas grazas Irene e Sabela!! E aquí vos deixo tamén este precioso debuxo que nos envía Laura R. de 3º C. Moitas grazas Laura!!

ÁNIMO E FORZA!

Imaxe
Sabemos que estes días son un pouco complicados e para facérvolo máis ameno, cargarnos de forzas positivas e que nos sintades preto, todo o equipo do CEP Altamira queremos facervos este agasallo: Esperámos que vos guste!

AVISO IMPORTANTE

Adxuntamos aviso que tamén podedes consultar na web do centro.

Artistazas!!!

Imaxe
Lisbeth Guitián de 4º C envíanos este pedazo de vídeo. Só apto para ousados. Estades preparados para velo? Moitas grazas Lisbeth!!! Alba Lago de 3º A decidiu facernos este vídeo explicativo do coronavirus. Que nos contará? Moitas grazas Alba!!! E Xeila Lemos de 4º B envíanos este precioso debuxo. Grazas Xeila!!!!

Padlet : recursos para 4º

   As titoras de 4º nivel creamos unha páxina web dedicada exclusivamente a recopilación de recursos, actividades e vídeos educativos para que o noso alumnado continúe traballando o ensinado na aula antes do confinamento. Para poder acceder pinchade no seguinte enlace: Padlet 4º

Ánimos musicais

Noa Icía Chapero de 3º A pasa estes días practicando novas pezas co seu piano. Hoxe quere compartir esta con todos nós. Moitas gracias Icía!!!!

Máis traballiños

Imaxe
Martina Ares Gil de 4º A quere enviarnos moitos ánimos e forzas a través deste fantástico debuxo. Se é que sodes uns artistas!!  Moitas grazas Martina!!!

Máis recursos

Imaxe
Esta semana chegáronnos novas propostas de recursos como esta de  #confiMATHS Podedes atopar xogos e retos para traballar as matemáticas organizados por curso. Só tedes que escoller o voso. Aquí vos deixamos tamén os accesos aos nosos libros de lingua castelá. E un montón de enlaces especialmente relacionados con cada un dos temas de Ciencias Naturais e Sociais. Xogos, vídeos e moito máis. Busca o tema que estás dando e a repasar!!!                                                

Esto continúa

Roque Álvarez de 4º A tampouco quixo deixar pasar a ocasión de participar nesta iniciativa e envíanos este fantástico vídeo de apoio tocando a banda sonora dunha película que seguro que todos coñecedes. Recoñecéstela???? A que si??? Era a banda sonora de Piratas do Caribe. Moitas gracias Roque.

Outro artista

Síguennos chegando os vosos vídeos de ánimo para todos. Neste caso é Xavi Vázquez de 4ºB o que nos manda saúdos e moita enerxía con esta fermosa peza musical. Moitas gracias Xavi!!!!

E... os de 3º seguimos aprendendo

Estimadas familias, Poñémonos en contacto con vós de novo, ante a prórroga do estado de alarma, continuamos actualizando contidos   a través dunha nova plataforma   chamada Padlet, e podedes acceder a ela a través do noso blog ou directamente a través da seguinte dirección e accesible tamén desde os móviles. Calquera dúbida estamos a súa disposición a través de Espazo Abalar. https://padlet.com/Mestras/j490jnpfqg1g

Que artistas!!!!!

Imaxe
Xa están aquí as primeiras respostas á actividade que vos plantexamos o venres. Lisbeth Guitián de 4º C envíanos este vídeo tan espectacular!!!! Noraboa polo fantástico traballo.  Animádevos e enviádenos as vosas propostas. Xa de paso deixámosvos aquí actividades online especialmente enlazadas cos nosos libros de LINGUA CASTELÁ.       

NOVA ACTIVIDADE

Imaxe
Ola rapazada!!!!! Xa levamos unha semaniña na casa e temos moitas ganas de saber de vós. Supoñemos que a vós tamén vos apetece saber das vosas compañeiras e compañeiros, así que propoñémosvos que nos enviedes debuxos, vídeos, cartas... para darlle ánimos ás vosas compañeiras e compañeiros ou simplemente explicando como pasades estes días. Colgarémolos aquí no blog e poderedes velos todos. Enviade os vídeos, as fotos ou os textos ao correo  belengordedo@edu.xunta.es Animádevos a participar!!!!

Aquí seguimos

Imaxe
As editoriais seguen a ofrecernos os seus recursos gratuítamente, hoxe é SANTILLANA  (coa que temos a nosa materia de matemáticas) a que nos envía a opción de acceder gratuítamente aos seus proxectos e Aulas Virtuais. Se pinchades na imaxe explicaranvos os pasos que debedes seguir. Dende o luns 16 de marzo CLAN lanza EDUCLAN . Unha iniciativa que ofrece recursos educativos que complementan os seus productos de entretemento.  Este proxecto está coordinado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) coa colaboración de editoriais como EDEBE, ANAYA, SM, McGraw Hill e Smile&Learn. Os contidos agrúpanse en tres canles: EduClan 3 a 5 anos, EduClan 6 a 8 anos e EduClan 9 a 10 anos. Poderedes atopar vídeos de Ciencias, Lingua, Lógica e Matemáticas, Artistica, Idiomas, EF, Tecnoloxías e Convivencia. Botádelle unha ollada. Ademais pinchando nos seguintes lib

Máis cousiñas para 3º e 4º

Imaxe
A páxina web de Orientación Andujar ofrécenos esta actividade que nos pareceu moi interesante e entretida. Animádevos a facela!!! Pinchando na imaxe poderedes descargar o conto completo para colorear e completar. Se precisades máis ideas... Máis recursos para descargar... Ademáis, Paula, a profe de música quere recordarvos que non vos esquezades de practicar coa frauta. Dádelle alegrías aos vosos veciños e veciñas tocándolle as vosas mellores melodías. Se queredes practicar máis podedes visitar as seguintes páxinas. MOITO ÁNIMO A TODOS Seguiremos actualizando!!!!

E os de 4º que facemos?

Imaxe
Boas familias!!! Aínda que cada titora está en contacto con vós por medio de Abalar móbil (e nalgúns casos a través de correo electrónico), ímosvos ir deixando por aquí recursos e enlaces interesantes para que non vos falte material, repaso e entretemento nestes días. A partires do MARTES 17 a editorial Vicens Vives, coa que nos temos o libro de Lengua Castelá poñerá á disposición das familias os seus contidos gratuítamente. Poderedes acceder a través da web  apoyo.vicensvives.com   Aí atoparedes as licencias dixitais de libre acceso aos contidos e resursos online de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato a través da plataforma dixital edubook.vivensvives.com PARA MATEMÁTICAS: Se pinchades nas seguintes imaxes teredes acceso a diferentes webs nas que poderedes repasar esta materia. Que tal se lle damos un repasiño ás táboas? Nunca ven mal! PARA LENGUA CASTELÁ: PARA LINGUA GALEGA: Aquí atoparedes contos, comprensión de textos e

Na casa tamén aprendemos. 3º nivel

  COMUNICACIÓN FAMILIAS Estimadas familias, Con motivo da decisión da Consellería da suspensión de clases por estado de alarma durante 15 días, as mestras de 3º ofrecemos a seguinte batería de actividades para que os nenos e nenas as realicen estes días. Estas actividades teñen carácter orientativo e non obrigatorias co obxecto de facilitar a conciliación e que os nenos e nenas non perdan ritmo de traballo. As actividades están adaptadas aos contidos traballados na aula buscando así que os estudantes poidan realizalas de forma autónoma. Se non poden fotocopialas, aconsellamos que as copien nalgún caderno ou folla.  Aparte destas propostas poden repasar o xa traballado: operacións,  resolución de problemas cotiás, lectura, debuxo libre, estudio e repaso de todas as táboas, creacións literarias (descricións, contos, cartas, diarios, noticias....), actividades online como por exemplo: Repaso de táboas , Dominó de táboas de multiplicar , Xogo de memoria para táboas de m

Teatro 3º e 4º nivel

Imaxe
   Os alumn@s de 3º e 4º nivel asistimos ao teatro en Vigo para ver a obra titulada: "Nana para un soldado". Primeiro merendamos todos xuntos en Samil para logo ir a ver a obra. 

Día das enfermidades raras

Imaxe
   O día 29 de febreiro celebrouse o día das enfermidades raras. Neste caso nos visitou ao colexio o tío dunha alumna de 4º B que nos dou unha charla a todo o alumnado de 4º nivel sobre a "Pel de mariposa". Foi moi interesante.