Na casa tamén aprendemos. 3º nivel

 COMUNICACIÓN FAMILIAS


Estimadas familias,

Con motivo da decisión da Consellería da suspensión de clases por estado de alarma durante 15 días, as mestras de 3º ofrecemos a seguinte batería de actividades para que os nenos e nenas as realicen estes días. Estas actividades teñen carácter orientativo e non obrigatorias co obxecto de facilitar a conciliación e que os nenos e nenas non perdan ritmo de traballo.
As actividades están adaptadas aos contidos traballados na aula buscando así que os estudantes poidan realizalas de forma autónoma.
Se non poden fotocopialas, aconsellamos que as copien nalgún caderno ou folla. 
Aparte destas propostas poden repasar o xa traballado: operacións,  resolución de problemas cotiás, lectura, debuxo libre, estudio e repaso de todas as táboas, creacións literarias (descricións, contos, cartas, diarios, noticias....), actividades online como por exemplo:

Repaso de táboas,
Dominó de táboas de multiplicar,
Xogo de memoria para táboas de multiplicar

Ademais, os mestres de inglés de terceiro, abriron este blog https://english3altamira.blogspot.com/ para colgar ahí o traballo da súa materia.

Agradecemos que compartan esta información con outras familias do 3º nivel  a través doutras redes sociais (whatsapp).
Estamos a súa disposición a través do Espazo Abalar.
Un saúdo e moito ánimo.

O equipo de 3º nivel










Enlaces interesantes

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VISITA AO AEROPORTO