Aquí seguimos

As editoriais seguen a ofrecernos os seus recursos gratuítamente, hoxe é SANTILLANA (coa que temos a nosa materia de matemáticas) a que nos envía a opción de acceder gratuítamente aos seus proxectos e Aulas Virtuais.
Se pinchades na imaxe explicaranvos os pasos que debedes seguir.



Dende o luns 16 de marzo CLAN lanza EDUCLAN. Unha iniciativa que ofrece recursos educativos que complementan os seus productos de entretemento. 
Este proxecto está coordinado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do INTEF (Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado) coa colaboración de editoriais como EDEBE, ANAYA, SM, McGraw Hill e Smile&Learn.
Os contidos agrúpanse en tres canles: EduClan 3 a 5 anos, EduClan 6 a 8 anos e EduClan 9 a 10 anos.
Poderedes atopar vídeos de Ciencias, Lingua, Lógica e Matemáticas, Artistica, Idiomas, EF, Tecnoloxías e Convivencia.
Botádelle unha ollada.



Ademais pinchando nos seguintes libros atoparedes un montón de recursos online especialmente relacionados con cada un dos temas dos nosos libros de texto. Hoxe imos con de matemáticas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

VISITA AO AEROPORTO