Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

O MAGOSTO DE CUARTO

Imaxe
O día de San Martiño, o 11 de novembro celebramos o MAGOSTO!!!! Foi un día moi especial, e celebrámolo no Borralliño. Alí gozamos da nosa contorna, apañamos o bullo para facer as fogueiras e asar as castañas, xogamos, construímos as nosas cabanas, degustamos as castañas e enlarafuzámonos, tisnando as nosas facianas... Pasámolo xenial!!!!

DEPORTE ESCOLAR EN TERCEIRO E CUARTO

Imaxe
CROSS ESCOLAR DE 3º E 4º   O  xoves día 3 os nenos e nenas de terceiro acudimos a Caldelas para participar no Cross escolar. Chegamos  cheos de enerxía e con moitas ganas de participar. Conseguimos facer moi boas marcas e o máis importante... Pasámos un día xenial cos nosos compañeiros! E o xoves 4 tocou a quenda dos de cuarto!!!! 

Samaín 3º

Imaxe
CELEBRAMOS O SAMAÍN   Un ano máis os nenos e nenas de terceiro vestimonos de bruxas, morcegos, momias, demos, monstruos... para celebrar o samaín. No vídeo podedes ver o arripilantes que íamos.        Durante esta xornada lemos contos de medo, fixemos debuxos, inventamos conxuros...  e disfrutamos das merendas terroríficas que fixeron os nosos familiares con moito cariño. A todos eles querémoslle dar as FGRAZAS!!!!