Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

Manualidades de outono

Imaxe
Como todos os anos, coa chegada do outono montamos unha exposición con traballos feitos con froitos e materiais que a natureza nos ofrece nestas datas. Este ano o obxectivo era elaborar un personaxe mitolóxico, en sintonía coa temática do proxecto anual da nosa biblioteca escolar. Non era unha tarefa fácil pero alumnado e familias superáronse un ano máis. Mirade con que obras de arte nos agasallaron.