Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

Samaín 4º

Imaxe
Os nenos e nenas de cuarto celebramos o pasado venres o samaín. Disfrazámonos de bruxas, cabazas, esqueletos, mortos viventes, monstros... Dabamos bastante medo e pasámolo moi ben. Disfrutade deste vídeo. Para velo, clicade en ler máis.

Magosto e Samaín 3º

Viñemos disfrazadas e disfrazados, comemos castañas, xogamos, fixemos manualidades... Quen dixo que co coronavirus non ía haber festas???

Exposición de manualidades do outono.

Chegou o tempo dos ourizos, das landras e das follas secas.... estamos en outono e iso quere dicir que no Altamira cheira a castañas asadas e a celebración de Samaín. Este ano tivo que ser un pouco diferente pero non iamos deixar de celebralo e disfrutalo.  Os rapaces e rapazas de 3º esmeráronse moitísimo participando na exposición de manualidades feitas con froitos do outono. Deixámosvos aquí unha mostra das preciosidades que fixeron. Noraboa a todas e todos polo voso traballo e moitas gracias ás familias pola colaboración. Quedou unha exposición ben xeitosa!!!