Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

VISITA AO AEROPORTO

Imaxe
On nenos e nenas de terceiro fixemos unha excursión ao aeroporto Peinador de Vigo. Alí ensináronnos todo o que hai que facer na terminal cando vamos de viaxe. Tamén visitamos aos bombeiros que nos ensinaron os camións, as súas vestimentas así como todas aquelas ferramentas que usan no seu traballo. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves 18 tivo lugar o festival para conmemorar o día das letras galegas. Os nenos e nenas do segundo ciclo cantamos, bailamos e recitamos poemas para celebrar esta data. Pasámolo xenial e esperamos que vos guste!