Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Bo Nadal!!!!

Imaxe
O alumnado de 4º nivel quere desexarvos a todas e a todos unhas felices festas e un bo comezo de ano novo. Vémonos en xaneiro!!!!

O Nadal chega a Terceiro

 E por fin chegou o tan desexando Nadal!!!!!!  Os alumn@s de terceiro queremos desexarvos que neste Nadal,  a maxia sexa o voso mellor traxe, o voso sorriso o mellor agasallo e a vosa felicidade o noso mellor desexo!!!!! Que pasedes un BO NADAL!!!!

Xa é Nadal!!!!!!

Imaxe
E o alumnado de 4º quere desexarvos a todas e a todos unhas moi felices festas con esta panxoliña que prepararon con moita ilusión.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
O 3 de decembro conmemoramos o día internacional das persoas con discapacidade. O alumnado de 4º colaborou con ACEESCA e outros centros da contorna na creación deste vídeo para a visibilización e reivindicación dos dereitos das persoas con discapacidade baixo o lema TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS.

Os de terceiro nun día de cross

 O pasado de novembro, os alumnos de terceiro nivel participamos na actividade lúdico-deportiva da campaña de Xogade no que gozamos deste deporte xunto con compañeiros doutros colexios. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dese día.  

Manualidades de outono

Imaxe
Como todos os anos, coa chegada do outono montamos unha exposición con traballos feitos con froitos e materiais que a natureza nos ofrece nestas datas. Este ano o obxectivo era elaborar un personaxe mitolóxico, en sintonía coa temática do proxecto anual da nosa biblioteca escolar. Non era unha tarefa fácil pero alumnado e familias superáronse un ano máis. Mirade con que obras de arte nos agasallaron.