CARTAS PARA COMBATIR O ILLAMENTO

Os residentes do Hospital Álvaro Cunqueiro puxeron en marcha esta fermosa iniciativa que hoxe vos facemos chegar.

Consiste en escribir cartas de ánimo a todos eses doentes que teñen que estar illados polo COVID19.

O obxectivo é facerlles chegar o apoio e a forza precisa para sair adiante, ademais de acompañalos nun ingreso que se volve longo e cheo de incertidume posto que non poden recibir visitas.


Se vos apetece participar nesta rede de correspondencia só tedes que escribir unha breve introdución presentándovos para que o paciente saiba quen se dirixe a eles e mandar a vosa carta á dirección apoyocovidvigo@gmail.com


Comentarios

Publicacións populares deste blog

VISITA AO AEROPORTO