Publicacións

Entroido 2024

 

E chegou o Entroido ao 2º Ciclo do CEP Altamira!

 Os alumnos de 3º e 4º participaron unha vez máis no xa tradicional desfile polas rúas do noso Concello. Nesta ocasión, o alumnado de terceiro nivel foi disfrazado da mascota oficial dos Xogos Olímpicos de París 2024, Phryge, mentres que o alumnado de 4º nivel  disfrazámos de medallas olímpicas!!!  Foi un día fantástico.

Día da Paz

    O día 30 de xaneiro conmemoramos no CEP Altamira o Día da Paz. Os deixamos o video que realizamos.  

A Nosa Festa de Nadal

 O pasado 21 de decembro, rematamos o trimestre cunha serie de obradoiros para festexar o Nadal. Tivemos obradoiros de baile, de crackers, de gardapanos, decoración de mantel e elaboración de materiais para divertirnos despois no Photocall. Foi un día incríble!!!

Un día no Cross

 O pasado 23 de novembro, o alumnado do CEP Altamira participamos no Cross que este ano se levou a cabo no noso concello, concretamente no Borralliño. Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste día de convivencia e deporte.

Magosto

Imaxe
O martes celebramos o magosto no colexio. A pesar do mal tempo, disfrutamos desta celebración e comemos moitas castañas. Estaban boísimas!

O Samaín no 2º Ciclo

Imaxe
 Un ano máis chegou ao noso o cole o Samaín e os alumnos de 3º e 4º festexámolo como se merece!!!!