Benvidos ao Blog do 2º ciclo do CEP Altamira. Neste espazo irémosvos poñendo ao día de traballos, exposicións, novas... deste curso escolar 2022-2023. Esperamos que vos guste.
On nenos e nenas de terceiro fixemos unha excursión ao aeroporto Peinador de Vigo. Alí ensináronnos todo o que hai que facer na terminal cando vamos de viaxe. Tamén visitamos aos bombeiros que nos ensinaron os camións, as súas vestimentas así como todas aquelas ferramentas que usan no seu traballo. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.
Por fin chegou o entroido. Este curso o alumnado do segundo ciclo disfrazouse seguindo a temática do colexio. Os nenos de terceiro ían vestidos de directores de cine e os nenos de cuarto de personaxes da película de Robin Hood. Pasámolo moi ben!
Comentarios
Publicar un comentario