Publicacións

O Samaín chegou ao segundo ciclo!!!!

Imaxe
 Un ano máis chegou ao noso o cole o Samaín e os alumnos de 3º e 4º festexámolo como se merece!!!!

Benvidos a este novo curso

Imaxe
Benvidos a este novo curso 2.024-2.025.  Estamos desexando comezar. Estades preparados? Comezamos en 3,2,1...

Letras galegas 2024

O día 29 de maio os nenos e nenas do segundo ciclo celebramos o festival das letras galegas.    Bailamos, cantamos e pasámolo moi ben cos compañeiros, profesores e os familiares que nos puideron acompañar.Gracias a todos.          

Aprendendo da Natureza

O pasado 12  de abril, os alumnos de terceiro nivel,  fixemos unha pequena saída pola contorna do río Landres para o estudo das plantas. A pesar do calor que fixo, pasámolo xenial.

Coñecendo o Lagoela

 Os alumnos de terceiro nivel, aproveitando que estábamos estudando os ríos, aproveitamos para facer unha visita ao regato que pasa xusto detrás do cole e que é un afluente do Río Landres, o Lagoela. Poidemos observar outros afluentes deste río, os meandros a súa paisaxe.... aquí vos deixamos unha pequena mostra desta visita.

Entroido 2024

 

E chegou o Entroido ao 2º Ciclo do CEP Altamira!

 Os alumnos de 3º e 4º participaron unha vez máis no xa tradicional desfile polas rúas do noso Concello. Nesta ocasión, o alumnado de terceiro nivel foi disfrazado da mascota oficial dos Xogos Olímpicos de París 2024, Phryge, mentres que o alumnado de 4º nivel  disfrazámos de medallas olímpicas!!!  Foi un día fantástico.