Publicacións

Un día no Cross

 O pasado 23 de novembro, o alumnado do CEP Altamira participamos no Cross que este ano se levou a cabo no noso concello, concretamente no Borralliño. Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste día de convivencia e deporte.

Magosto

Imaxe
O martes celebramos o magosto no colexio. A pesar do mal tempo, disfrutamos desta celebración e comemos moitas castañas. Estaban boísimas!

O Samaín no 2º Ciclo

Imaxe
 Un ano máis chegou ao noso o cole o Samaín e os alumnos de 3º e 4º festexámolo como se merece!!!! 

Benvidos a un novo curso 2023/2024

Imaxe
¡Benvidos a un novo curso!     "De Pekin a París, as olimpiadas xa están aquí"    Este curso conseguiremos  batir as nosas mellores marcas e alcanzar todas as metas. Seremos deportistas que grazas a perseveranza e o espírito de superación lograremos triunfar. ¿Estás preparado para esta aventura?   

VISITA AO AEROPORTO

Imaxe
On nenos e nenas de terceiro fixemos unha excursión ao aeroporto Peinador de Vigo. Alí ensináronnos todo o que hai que facer na terminal cando vamos de viaxe. Tamén visitamos aos bombeiros que nos ensinaron os camións, as súas vestimentas así como todas aquelas ferramentas que usan no seu traballo. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves 18 tivo lugar o festival para conmemorar o día das letras galegas. Os nenos e nenas do segundo ciclo cantamos, bailamos e recitamos poemas para celebrar esta data. Pasámolo xenial e esperamos que vos guste!

Unha árbore, un tesouro

Imaxe
 O Xoves 22 de abril, os alumnos do cuarto nivel, participamos na plantación de árbores invitados pola Comunidade de Montes de Soutelo (Salceda de Caselas). As árbores: carballos, pradairos, cerdeiras, mazairas.... aportáronnas a Consellería de Medio Rural. Foi toda unha experiencia, aprendemos a prantar, a coidar, e a respectar as árbores. Foi unha experiencia fantástica!!!