Publicacións

Unha árbore, un tesouro

Imaxe
 O Xoves 22 de abril, os alumnos do cuarto nivel, participamos na plantación de árbores invitados pola Comunidade de Montes de Soutelo (Salceda de Caselas). As árbores: carballos, pradairos, cerdeiras, mazairas.... aportáronnas a Consellería de Medio Rural. Foi toda unha experiencia, aprendemos a prantar, a coidar, e a respectar as árbores. Foi unha experiencia fantástica!!!

Obradoiro de mesturas

  Este venres, despois de traballar o tema da materia, nada mellor que experimentar para acabar de interiorizar os contidos. Fixemos mesturas homoxéneas e heteroxéneas, separámolas cos distintos métodos como a filtración,  o tamizado, a imantación, a decantación, ou separación por gravidade, repasamos os estados dos compoñentes ou as propiedades de masa, volume, densidade, ....Foi moi enriquecedor para todos!!!

Como gozamos do Entroido!!!!!

Imaxe
Por fin chegou o entroido. Este curso o alumnado do segundo ciclo disfrazouse seguindo a temática do colexio. Os nenos de terceiro ían vestidos de directores de cine e os nenos de cuarto de personaxes da película de Robin Hood. Pasámolo moi ben!

Día da Paz

    O día 30 de xaneiro o alumnado do CEP Altamira conmemorou o Día da Paz.  

Os ecosistemas de 4º

      Dise que un ecosistema é unha comunidade de organismos vivos considerados en conxunto coas compoñentes non-vivas do ambiente, que interactúan entre si como un sistema.  E o s cuartos fixemos na clase o noso propio ecosistemas, botádelle un ollo!!!       Foi un bo traballo!!!!

O Nadal en 4º

  O día 22 de decembro foi un día moi especial. Aquí vos deixamos as imaxes!

FESTIVAL DE NADAL DO 2º CICLO

  Estabamos esperando rematar o primeiro trimestre para celebrar o Festival de Nadal.  Ensaios, nervios, moitas ganas, risas...  unha morea de sensacións que acompañan a preparación deste festival e que o fan tan especial todos os anos.  Aquí o tedes para que o poidades desfrutar con toda a familia. Fixéstelo moi ben!!!