Publicacións

Chega o Samaín ao CEP Altamira !!!

  E chegou o Samaín o CEP Altamira!!!!Os alumnos do terceiro e cuarto nivel, ao igual que o resto do alumnado do centro, realizamos diferentes actividades para celebrar esta festividade do Samaín.  O luns fixemos un intercambio de entradas, que foron decoradas por nós, para poder disfrutar dunha sesión de cine con palomiñas, na semana do terror do CEP Altamira. Este venres viñemos disfrazados para celebrar o Samaín,  ademáis de facer algunha que outra manualidade horripilante e finalmente degustamos unhas merendolas terroríficas que estaban boísimas!!!!! Aquí vos dixamos unha pequena mostra:

Palabras ao Vento

 Os alumnos de 4º nivel gozaron cun obradoiro titulado "Palabras ao Vento" onde o alumnado realizou un papaventos ao que lle engadiron aquelas palabras galegas que máis lles gustaron do noso idioma e fixéronas voar. Aquí vos deixamos unha  mostra de como o fixeron!!!!

Clase de Ciencias na nosa contorna

 O pasado venres 23 e aproveitando o bo tempo, os alumnos de cuarto nivel, saímos á observar a natureza da nosa contorna e aplicar todo o que aprendemos dentro da aula sobre as plantas.. Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Foi unha clase xenial!!!!

BENVIDOS!

Imaxe
  Benvidos a un curso de película. Espéranos un curso cheo de aventuras, aprendizaxes, emocións... e ti, serás o actor ou actriz protagonista. 3, 2, 1 ... ¡Acción!  

BO VERÁN

Imaxe
Despois dun duro ano de traballo só nos queda despedirnos ata o próximo curso e desexarvos a todas e a todos de todo o profesorado e alumnado de 3º e 4º: Vémonos o próximo curso!!!!

DÍA DE CONVIVENCIA

Imaxe
Remata o curso e este ano tivemos un día de convivencia xenial. Grazas á ANPA por esta iniciativa. Os nenos de nenas de 3º e 4º pasámolo xenial nos inchables e bailamos e cantamos moitísimo na discoteca. Foi un día fantástico!

As saídas didácticas de terceiro e cuarto

Imaxe
O venres 17 de xuño, os alumnos de terceiro realizamos a nosa excursión de fin de curso. Nesta ocasión, estivemos mariscando en Cambados, onde aprendemos moito sobre os mariscos que comemos e despois de recargar forzas  fixemos unha viaxe en catamarán  e visitamos unha batea, onde nos explicaron as diferencias entre unhas e outras e as funcións que teñen. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa aventura!!!! Foi un día xenial!!!! O alumnado de 4º tamén disfrutamos do noso día de convivencia no que fomos ao cine e á praia. Foi un día xenial.