Publicacións

As Letras Galegas 2022 no 2º Ciclo

Imaxe
Os alumnos do segundo ciclo, ao longo do mes de maio, celebramos as Letras Galegas con distintas actividades: Unha xincana sobre Florencio M. Delgado Gurriarán. Unidades didácticas sobre o autor homenaxeado neste ano 2022. Os de terceiro fixemos una representación de como realizar a sementeira: hai que sementar, plantar deixar medrar, coidar, esfollar,  debullar, moer e degustar, así que uns tivemos que ir de agricultores, outros de millo, de espantallos e  cociñeiros. Pasámolo xenial!!!! E tamén asistimos a unha actuación do grupo teatral e musical de Migallas, coa que gozamos das súas cancións e as súas interpretacións.

III CROSS ALTAMIRA

Imaxe
O venres 29 de abril celebrouse o III CROSS Altamira. Foi unha xornada chea de nervios, ilusión e esforzo. Como as edicións anteriores foi todo un éxito.  As rapazas e rapaces de 4º disfrutaron moitísimo desta experiencia e correron xenial!!! Parabéns a todas as corredoras e corredores.