Publicacións

Día do libro

Imaxe
 O 23 de abril celébrase o "DÍA DO LIBRO" e aínda que este ano caera en sábado, no CEP Altamira non celebrámolo o luns cun apadriñamento lector. Aquí vos deixamos unhas fotos dese día que desfrutamos tanto.

Día Mundial da Auga

Imaxe
Este martes 22, con motivo da celebración do Día Mundial da Auga o Consorcio de Augas do Louro visitou ao alumnado de 3º e 4º para explicarnos un montón de cousas interesantes sobre a auga, o seu tratamento e o consumo responsable da mesma.

Entroido

Imaxe
Como ben sabedes, este ano, o proxecto da nosa biblioteca xira arredor dos seres mitolóxicos.  Así é que o alumnado de 4º nivel celebrou o entroido disfrazado de URCO, unha figura mitolóxica galega que adopta a forma dun can negro de grande tamaño, con cornos, orellas longas e arrastrando cadeas que sae ouveando do mar pola noite. Foi o propio alumnado o que realizou o seu disfraz e así de ben lles quedou. E estes son os alumnos de terceiro que se disfrazou de  Gatipedro!!!!