Publicacións

Día Mundial da Auga

Imaxe
Este martes 22, con motivo da celebración do Día Mundial da Auga o Consorcio de Augas do Louro visitou ao alumnado de 3º e 4º para explicarnos un montón de cousas interesantes sobre a auga, o seu tratamento e o consumo responsable da mesma.

Entroido

Imaxe
Como ben sabedes, este ano, o proxecto da nosa biblioteca xira arredor dos seres mitolóxicos.  Así é que o alumnado de 4º nivel celebrou o entroido disfrazado de URCO, unha figura mitolóxica galega que adopta a forma dun can negro de grande tamaño, con cornos, orellas longas e arrastrando cadeas que sae ouveando do mar pola noite. Foi o propio alumnado o que realizou o seu disfraz e así de ben lles quedou. E estes son os alumnos de terceiro que se disfrazou de  Gatipedro!!!!

Terra

Xa está aquí o vídeo do baile de Terra que o alumnado de 3º e 4º preparou para conmemorar o día da Paz. Felicitacións a todas as nenas e nenas por este fantástico traballo e un especial agradecemento á profe Inés e á profe Paula como creadoras deste proxecto.

DÍA DA PAZ

Imaxe
Coma todos os anos celebramos no CEP Altamira o día da Paz e da non violencia. O alumnado de 3º, 4º e 5º bailou hoxe a canción Terra das Tanxugueiras para conmemorar un día tan especial.  Ese vídeo aínda está en preparación, pero cando estea listo poderédelo ver aquí en primicia. Invitámosvos a todas e a todos a estar pendentes desa publicación porque o fixeron XENIAL!!! Como anticipo aquí vos deixamos unha fotos de despois da gravación.

Bo Nadal!!!!

Imaxe
O alumnado de 4º nivel quere desexarvos a todas e a todos unhas felices festas e un bo comezo de ano novo. Vémonos en xaneiro!!!!

O Nadal chega a Terceiro

 E por fin chegou o tan desexando Nadal!!!!!!  Os alumn@s de terceiro queremos desexarvos que neste Nadal,  a maxia sexa o voso mellor traxe, o voso sorriso o mellor agasallo e a vosa felicidade o noso mellor desexo!!!!! Que pasedes un BO NADAL!!!!

Xa é Nadal!!!!!!

Imaxe
E o alumnado de 4º quere desexarvos a todas e a todos unhas moi felices festas con esta panxoliña que prepararon con moita ilusión.