Publicacións

Magosto

Imaxe
Chegou o tempo das castañas e con el o tan esperado magosto que a meteoroloxía e as pandemias non nos deixaran celebrar nos últimos anos. Xa lle tiñamos ganas e disfrutámolo a tope. Apañamos bullo, xogamos, disfrutamos da natureza, comemos castañas, enfarruscámonos, camiñamos... que máis se pode pedir??? Pois que chegue pronto o magosto do próximo ano!!! Porque este foi xenial! E aquí vos deixamos un vídeo recopilatorio!!!!

XOGADE

Imaxe
As rapazas e rapaces de 4º participaron o pasado 28 de novembro na competición de campo a través que se levou a cabo no CEP PL Pedro Caselles de Tomiño. Deron o mellor de si e notouse nos bos resultados que acadaron. Noraboa rapaces e rapazas! Aquí vos deixamos unhas fotos dese día e as clasificacións. 4º A 4º B 4º C 4º D

E chegou o Samaín ao CEP Altamira

Un ano máis chegou o Samaín ao noso centro e aquí deixamos boa conta disto!!!

A escola de música visita o Altamira.

Imaxe
Onte tivemos unha visita moi especial. A escola de música de Salceda trasladouse por unhas horas ao noso cole. Ensináronnos algúns dos instrumentos e déronnos un pequeno concerto. Ás nenas e nenos de 4º encantounos esta experiencia. 

Taller ÉRGUETE

Imaxe
Esta semana as aulas de 4º recibimos  a visita das amigas da fundación ÉRGUETE (Asociación de prevención e intervención de conductas aditivas) que nos presentaron un taller de reforzo da personalidade como ferramenta da prevención ante as adicións a través do Programa Y.S.Y (Yo Soy Yo). Neste taller traballamos tanto as características persoais de cada neno/a como do seu entorno mais inmediato (familia, escola, amizades, temo de ocio...). 4º A 4º B 4º C 4º D

Xa estamos de volta!

Imaxe
O equipo docente do 2º ciclo davos a benvida a este curso que ven cargadiño de sorpresas.

POR FIN DE EXCURSIÓN

Imaxe
Que ganas tiñamos este ano de facer unha saída!!! Fíxose de rogar pero por fin chegou e foi ben especial, con concerto e todo.  As rapazas e rapaces de 3º disfrutamos moitísimo do concerto de María Fumaça. Cantamos, bailamos, xogamos, fixemos deporte...todo un día para recordar!