Publicacións

Taller ÉRGUETE

Imaxe
Esta semana as aulas de 4º recibimos  a visita das amigas da fundación ÉRGUETE (Asociación de prevención e intervención de conductas aditivas) que nos presentaron un taller de reforzo da personalidade como ferramenta da prevención ante as adicións a través do Programa Y.S.Y (Yo Soy Yo). Neste taller traballamos tanto as características persoais de cada neno/a como do seu entorno mais inmediato (familia, escola, amizades, temo de ocio...). 4º A 4º B 4º C 4º D

Xa estamos de volta!

Imaxe
O equipo docente do 2º ciclo davos a benvida a este curso que ven cargadiño de sorpresas.

POR FIN DE EXCURSIÓN

Imaxe
Que ganas tiñamos este ano de facer unha saída!!! Fíxose de rogar pero por fin chegou e foi ben especial, con concerto e todo.  As rapazas e rapaces de 3º disfrutamos moitísimo do concerto de María Fumaça. Cantamos, bailamos, xogamos, fixemos deporte...todo un día para recordar!

Chegou o entroido!

Imaxe
Un ano máis os nenos e nenas de 4º de primaria pasámolo xenial disfrazándonos polo Entroido. Futbolistas, astronáutas, vaqueiras, personaxes famosos, vampiros... non faltaba ninguén nesta festa.  Búscate a ti e aos teus amigos no vídeo.

Celebrando o entroido en 3º

Imaxe
 Quen será quen?? Así de ben disfrazadas viñeron as rapazas e rapaces de 3º neste entroido. A ver se vos atopades...

Día da paz en 3º

 Este ano a celebración do día da paz tamén tivo que ser un pouco diferente. Aquí podedes ver as distintas clases de 3º cantando e bailando a canción escollida este ano: Cantarela dos nen@s. 3º A 3º B 3º C 3º D

Os nenos de 4º cantamos "Un Nadal distinto"

Imaxe
Este ano vamos a vivir un Nadal distinto, en familia. Un Nadal onde vamos a compartir grandes momentos cos que máis queremos e que mellor forma de facelo que coa canción "Un Nadal distinto". Os nenos e nenas de 4º preparamos esta canción con todo o noso cariño. Esperamos que vos guste.