Publicacións

Árbore xenealóxica

Ainara de 4º D nos presenta un traballo que fixo na súa casa, a árbore xenealóxica da súa familia. Quedou impresionante. Moitas grazas Ainara!

Historia con títulos de libros

Fantástica historia con títulos de libros que nos envía Gael de 4º C. Grazas Gael!

DJ Xavi

Xavi de 4ºB está aproveitando este confinamento para mellorar na súa faceta como DJ. Grazas Xavi!

Telediario

Imaxe
Lisbeth Gutián de 4º C envíanos este telexornal tan persoal. Gracias Lisbeth

4º A - Resistiré

Daniela, Iker, Carla G, Antía, Manu, Brais, Diego, Noa, Aitana, Zoe e Mario de 4º A non só se adican a facer exercicios nestes días.  Están feitos uns artistas.  Fixádevos que vídeo tan bonito montaron. Que ganas de vernos en persoa para poder facer estas cousas tan chulas todos xuntos... Noraboa polo fantástico traballo rapazas e rapaces e moitas grazas por compartilo con todos nós.

ABRIL, MES DO LIBRO

Imaxe
Dende a biblioteca do CEP Altamira envíanos este reto tan interesante para celebrar o mes do libro. Animádevos a participar!!! Enviade as vosas fotos ao correo de cada unha das vosas titoras se sodes de 4º ou ao correo mestrasterceiro@gmail.com se sodes de 3º e estade atentos ao blog da biblioteca a ver se vos vedes.

E ti, en que pasas o tempo?

Martina de 4º B e o seu irmán Raúl de 1º B envíannos este resume fotográfico das actividades que están a facer na súa casa nestas semanas. A verdade é que vendo as fotos, non teñen moito tempo para o aburrimento. Que ben o pasan!!! Moitas grazas Raúl. Moitas grazas Martina.