Publicacións

Apetécevos repasar inglés?

Imaxe
Hoxe podedes facelo con Sabela e Irene Núñez, de 4º D e  4ºB. Poñede o vídeo e bailade e cantade seguindo ás vosas mestras de hoxe. Moitas grazas Irene e Sabela!! E aquí vos deixo tamén este precioso debuxo que nos envía Laura R. de 3º C. Moitas grazas Laura!!

ÁNIMO E FORZA!

Imaxe
Sabemos que estes días son un pouco complicados e para facérvolo máis ameno, cargarnos de forzas positivas e que nos sintades preto, todo o equipo do CEP Altamira queremos facervos este agasallo: Esperámos que vos guste!

AVISO IMPORTANTE

Adxuntamos aviso que tamén podedes consultar na web do centro.

Artistazas!!!

Imaxe
Lisbeth Guitián de 4º C envíanos este pedazo de vídeo. Só apto para ousados. Estades preparados para velo? Moitas grazas Lisbeth!!! Alba Lago de 3º A decidiu facernos este vídeo explicativo do coronavirus. Que nos contará? Moitas grazas Alba!!! E Xeila Lemos de 4º B envíanos este precioso debuxo. Grazas Xeila!!!!

Padlet : recursos para 4º

   As titoras de 4º nivel creamos unha páxina web dedicada exclusivamente a recopilación de recursos, actividades e vídeos educativos para que o noso alumnado continúe traballando o ensinado na aula antes do confinamento. Para poder acceder pinchade no seguinte enlace: Padlet 4º

Ánimos musicais

Noa Icía Chapero de 3º A pasa estes días practicando novas pezas co seu piano. Hoxe quere compartir esta con todos nós. Moitas gracias Icía!!!!

Máis traballiños

Imaxe
Martina Ares Gil de 4º A quere enviarnos moitos ánimos e forzas a través deste fantástico debuxo. Se é que sodes uns artistas!!  Moitas grazas Martina!!!