Publicacións

Entroido 2020

   Como cada curso escolar, o Entroido no CEP Altamira vai acorde co tema escollido no Proxecto da biblioteca. Por esta razón, o alumnado de 3º nivel foi disfrazados de paxaros e o alumnado de 4º nivel de granxeiros montados en tractores. 
Imaxe
E pasiño a pasiño, chegou o Día da Paz e os alumnos fixemos un debuxo no que nos inspiramos na pomba de  Rene Magritte  E que nos quedaron así de fermosas.

Festival Nadal 19

                                    Fotos: Nadal 19

Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

Imaxe
Con motivo da celebración do 25 de novembro,  D ía Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero , os alumnos traballaron  nas aulas,  a igualdade de xénero e o respecto pola divesidade. Realizáronse diferentes actividades  de sensibilización e prevención da violencia  como:  coloquios, lecturas e escoita de música relacionadas co tema,  realización de lazos representativos, visionado dun curto interpretado polos voluntarios da biblioteca en colaboración co equipo de Dinamización... aquí vos deixamos unha mostra!  .

Festa de Samaín

Imaxe
   O día 30 de outubro celebramos o Samaín no CEP Altamira. Os alumn@s do 2º ciclo trouxeron merendas terroríficas para compartir. Que rico estaba todo! 

Teatro pola igualdade

Imaxe
   O luns 28 de outubro, os alumn@s de 4º, 5º e 6º nivel, foron ao auditorio do Concello para ver a representación de teatro titulada "Contos pola igualdade".   

Semana polo Clima, último día

Imaxe
   Xa rematamos co último día da Semana polo Clima. Neste caso, os alumn@s do CEP Altamira saímos ao patio do recreo para mostrar os carteis feitos nas aulas. Quedaron todos chulísimos!