Benvidos ao Blog do 2º ciclo do CEP Altamira. Neste espazo irémosvos poñendo ao día de traballos, exposicións, novas... deste curso escolar 2022-2023. Esperamos que vos guste.
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS 12-13 from paula vila González on Vimeo . Dende a aula de música no terceiro trimestre estudamos os instrumentos musicais e as súas familias tendo a gran sorte de que nenos/as de 3º a 6º nos aportasen os seus propios. Grazas a todos/as pola vosa participación e en especial aos pais/nais polo interese mostrado. Atentamente a mestra de música.
Se aproxima xa o final deste curso. Os alumnos/as do 2º Ciclo imos facer unha saída o día 21 de xuño coma remate do curso. Dámoslles a todos/as as gracias por participar nas distintas actividades organizadas no noso centro e desexámoslles unhas BOÍSIMAS VACACIÓNS DE VERÁN! E ATA O CURSO QUE VEN!
O pasado 31 de maio tivemos a actuación de Susa Herrera como finalización da Celebración das Letras Galegas. Pasámolo moi ben e bailamos moito as súas cancións. Foi un grande éxito!
Un ano máis e xa está aquí a nosa revista "As Tamanquiñas de PAU". Se queredes vela podedes acceder no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/centros/cepaltamira/category/12/77
Roberto Vidal Bolaño O pasado día 16 de maio celebramos no CEP Altamira o Día das Letras Galegas e o Festival de Fin de curso. Podedes ver o vídeo no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/centros/cepaltamira/node/218