Benvidos ao Blog do 2º ciclo do CEP Altamira. Neste espazo irémosvos poñendo ao día de traballos, exposicións, novas... deste curso escolar 2022-2023. Esperamos que vos guste.
Dende a biblioteca do CEP Altamira envíanos este reto tan interesante para celebrar o mes do libro.
Animádevos a participar!!!
Enviade as vosas fotos ao correo de cada unha das vosas titoras se sodes de 4º ou ao correo mestrasterceiro@gmail.com se sodes de 3º e estade atentos ao blog da biblioteca a ver se vos vedes.
O día 29 de maio os nenos e nenas do segundo ciclo celebramos o festival das letras galegas. Bailamos, cantamos e pasámolo moi ben cos compañeiros, profesores e os familiares que nos puideron acompañar.Gracias a todos.
On nenos e nenas de terceiro fixemos unha excursión ao aeroporto Peinador de Vigo. Alí ensináronnos todo o que hai que facer na terminal cando vamos de viaxe. Tamén visitamos aos bombeiros que nos ensinaron os camións, as súas vestimentas así como todas aquelas ferramentas que usan no seu traballo. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.
Comentarios
Publicar un comentario