Benvidos ao Blog do 2º ciclo do CEP Altamira. Neste espazo irémosvos poñendo ao día de traballos, exposicións, novas... deste curso escolar 2022-2023. Esperamos que vos guste.
Esta semana chegáronnos novas propostas de recursos como esta de #confiMATHS
Podedes atopar xogos e retos para traballar as matemáticas organizados por curso. Só tedes que escoller o voso.
Aquí vos deixamos tamén os accesos aos nosos libros de lingua castelá.
E un montón de enlaces especialmente relacionados con cada un dos temas de Ciencias Naturais e Sociais. Xogos, vídeos e moito máis. Busca o tema que estás dando e a repasar!!!
O día 29 de maio os nenos e nenas do segundo ciclo celebramos o festival das letras galegas. Bailamos, cantamos e pasámolo moi ben cos compañeiros, profesores e os familiares que nos puideron acompañar.Gracias a todos.
On nenos e nenas de terceiro fixemos unha excursión ao aeroporto Peinador de Vigo. Alí ensináronnos todo o que hai que facer na terminal cando vamos de viaxe. Tamén visitamos aos bombeiros que nos ensinaron os camións, as súas vestimentas así como todas aquelas ferramentas que usan no seu traballo. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.
Comentarios
Publicar un comentario