Benvidos ao Blog do 2º ciclo do CEP Altamira. Neste espazo irémosvos poñendo ao día de traballos, exposicións, novas... deste curso escolar 2022-2023. Esperamos que vos guste.
O pasado 31 de maio tivemos a actuación de Susa Herrera como finalización da Celebración das Letras Galegas. Pasámolo moi ben e bailamos moito as súas cancións. Foi un grande éxito!
O día 29 de maio os nenos e nenas do segundo ciclo celebramos o festival das letras galegas. Bailamos, cantamos e pasámolo moi ben cos compañeiros, profesores e os familiares que nos puideron acompañar.Gracias a todos.
On nenos e nenas de terceiro fixemos unha excursión ao aeroporto Peinador de Vigo. Alí ensináronnos todo o que hai que facer na terminal cando vamos de viaxe. Tamén visitamos aos bombeiros que nos ensinaron os camións, as súas vestimentas así como todas aquelas ferramentas que usan no seu traballo. Pasámolo moi ben e aprendemos moito.
Comentarios
Publicar un comentario